REENCONTROS NA CASA 2020

logos-xunta-xacobeoComunicámoslles que o día 21.2.2020 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30.12.2019, da Secretaría Xeral de Emigración,  pola que se regulan e convocan as subvencións do programa “Reencontros na Casa” para residentes no exterior, durante o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 23.3.2020.

Este programa está destinado a emigrantes galegos e galegas con nacionalidade española que cumpren os requisitos que se especifican a continuación, tendo en conta que a condición de persoa beneficiaria queda supeditada ao compromiso de acollida en Galicia da familia da persoa solicitante, polo que é indispensable que no expediente conste ese compromiso (Anexo V) e se facilite un número telefónico de contacto en Galicia para poder verificalo:

  • Ter feitos 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
  • Residir en América de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
  • Non ter participado nos últimos 5 anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
  • Ter en Galicia familia de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade coa que poidan residir durante a súa estancia aquí.

MAS INFORMACIÓN AQUÍ