Informámoslles que o día 18 de abril de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Aventúrate con Galicia”.
As características principais son as seguintes:
Prazo de presentación de solicitudes: 30 días hábiles, e remata o día 4 de xuño de 2018.
Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares, mediante a realización dunha serie de actividades.
Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas.
Modalidades:
1. Actividades no mar-Gandarío: convócanse 20 prazas, a realizar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
2. Actividades de Naturaleza-medioambiente e mar: convócanse 20 prazas a realizar no Albergue Xuvenil de Area (Viveiro) dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
3. Actividades de Aventura T: convócanse 10 prazas a realizar no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei) dependente de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
Viaxe a Galicia:
Este programa ten como peculiaridade que cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida y de volta aos seus lugares de residencia. Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país (visados, pagamento de taxas…). Estas viaxes serán, en todo caso, con destino e orixe a Galicia.
Poderá descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral http://emigracion.xunta.gal
Para obter máis información sobre a convocatoria os interesados deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes:
* En Arxentina:
Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
* En Uruguai:
Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
* En Brasil:
Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.
Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.
Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
* En Cuba:
Federación de Sociedades Galegas en La Habana.
* En Venezuela:
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
