ACTIVIDADES DE AIRE LIBRE E CAMPOS DE TRABALLO
Informámoslles que o día 30 de marzo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se convoca o programa “Conecta con Galicia” (Actividades de aire libre e Campos de traballo 2017). As características principais son as seguintes:
Prazo de presentación de solicitudes: 30 días naturais, remata o día 2 de maio de 2017.
Finalidade: facilitar á mocidade da Galicia Exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Requisitos esenciais dos participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos e con nacionalidade española. Os maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.
Modalidades:
1. Actividades de aire libre: Convócanse 174 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), co seguinte programa:
a) “Cultura e camiño”, os participantes aloxaranse seis días, en residencias xuvenís, participando en actividades para coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.
b) “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, en albergues xuvenís onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño.
Nestas 174 prazas inclúense 14 prazas para residentes no resto de España, e 6 para residentes no resto de Europa.
2. Campos de Traballo: Convócanse 22 prazas para a actividade que terá lugar nunha localidade da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos de idade. Previsiblemente esta actividade terá lugar na segunda quincena do mes de agosto.
Nestas 22 prazas inclúense 2 prazas para residentes no resto de España, e 2 para residentes no resto de Europa.
Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución.
|
PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2017 (14-17 anos) |
|||||||
|
PAÍS |
Quendas |
Financiamento |
|||||
|
1ª quenda |
2ª quenda |
Total |
100% |
50% |
0% |
Total |
|
|
ARXENTINA |
16 |
17 |
33 |
17 |
12 |
4 |
33 |
|
BRASIL |
– |
5 |
5 |
3 |
1 |
1 |
5 |
|
CUBA |
– |
– |
0 |
– |
– |
– |
0 |
|
URUGUAI |
20 |
2 |
22 |
13 |
6 |
3 |
22 |
|
VENEZUELA |
– |
12 |
12 |
12 |
– |
– |
12 |
|
Resto América |
3 |
3 |
6 |
3 |
2 |
1 |
6 |
|
Resto de España |
2 |
2 |
4 |
– |
– |
4 |
4 |
|
Resto de Europa |
1 |
1 |
2 |
– |
1 |
1 |
2 |
|
TOTAIS |
42 |
42 |
84 |
48 |
22 |
14 |
84 |
|
PRAZAS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE 2017 (18-20 anos) |
|||||||
|
PAÍS |
Quendas |
Financiamento |
|||||
|
1ª quenda |
2ª quenda |
Total |
100% |
50% |
0% |
Total |
|
|
ARXENTINA |
19 |
15 |
34 |
17 |
13 |
4 |
34 |
|
BRASIL |
3 |
4 |
7 |
4 |
2 |
1 |
7 |
|
CUBA |
– |
7 |
7 |
7 |
– |
– |
7 |
|
URUGUAI |
10 |
4 |
14 |
10 |
3 |
1 |
14 |
|
VENEZUELA |
– |
8 |
8 |
8 |
– |
– |
8 |
|
Resto América |
4 |
2 |
6 |
2 |
2 |
2 |
6 |
|
Resto de España |
5 |
5 |
10 |
– |
– |
10 |
10 |
|
Resto de Europa |
2 |
2 |
4 |
– |
2 |
2 |
4 |
|
TOTAIS |
43 |
47 |
90 |
48 |
22 |
20 |
90 |
|
PRAZAS CAMPOS DE TRABALLO 2017 |
||||
|
PAÍS |
100% |
50% |
0% |
TOTAL |
|
ARXENTINA |
2 |
2 |
1 |
5 |
|
BRASIL |
1 |
1 |
1 |
3 |
|
CUBA |
2 |
– |
– |
2 |
|
URUGUAI |
1 |
2 |
1 |
4 |
|
VENEZUELA |
2 |
– |
– |
2 |
|
Resto de América |
1 |
1 |
– |
2 |
|
Resto de España |
– |
– |
2 |
2 |
|
Resto de Europa |
– |
1 |
1 |
2 |
|
TOTAIS |
9 |
7 |
6 |
22 |
Poderá descargar o texto completo e as solicitudes na páxina web desta secretaría xeral http://emigracion.xunta.gal
Para obter máis información sobre a convocatoria, sobre a documentación a aportar, ou para rexistrar telematicamente as solicitudes os interesados deben dirixirse, segundo o país de residencia, ás entidades seguintes:
* En Arxentina:
Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
* En Uruguai:
Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
* En Brasil:
Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro.
Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruccións de São Paulo.
Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
* En Cuba:
Federación de Sociedades Galegas en La Habana.
* En Venezuela:
Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
Nas entidades citadas de Brasil, Cuba e Venezuela existen persoas habilitadas para o rexistro telemático das solicitudes.
O Subdirector Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Ramón Brigos Fernández
