Difundimos información de su interés:
Estimado/a amigo/a:
Compráceme informarlle que o día 19 de febreiro de 2015 publicase no Diario Oficial de Galicia a Resolución que a continuación se relaciona:
Resolución do 12 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, en colaboración coas entidades galegas do exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
A través da páxina web http://sede.xunta.es e do portal da emigración http://emigracion.xunta.es, impulsado como sabe por esta secretaría, poderá ter acceso ao texto da Resolución na que se acompaña os modelos normalizados de solicitude e documentación complementaria (anexo I, anexo II, anexo III e anexo IV).
O enlace directo á convocatoria é o seguinte: http://emigracion.xunta.es/node/25524
Recoméndolle a rápida lectura e difusión entre a colectividade galega que poida estar interesada na citada convocatoria, xa que o prazo de presentación de instancias remata o día 19 de marzo de 2015.
Solicitamos que axilicen ao máximo a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015
Unha forte aperta,
Antonio Casas Calviño
Xefe do Servizo de Programas Socio-Asistenciais
