A Secretaría Xeral da Emigración convoca como cada ano obradoiros de formación e especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo en Santiago de Compostela.
A especialización e a adquisición de novos coñecementos e ferramentas nas distintas materias formativas impartidas posibilitarán unha maior implicación e colaboración da xuventude no seo das entidades galegas do exterior, favorecendo deste xeito a súa dinamización.
Prazo de presentación: Ata o 23 de abril
Modalidades:
Obradoiros de formación de nivel intermedio:
– Asociacionismo, participación e información xuvenil
– TIC (novas tecnoloxías)
– Xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro
– Gaita tradicional galega
– Canto popular e percusión
– Baile tradicional galego
Obradoiros de especialización de nivel avanzado:
– Gaita tradicional galega
– Baile tradicional galego
Destinatarios:
– Entidades galegas do exterior (proporán a socios ou colaboradores)
– Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento (reservaranse 4 prazas para os obradoiros de gaita, baile, e canto e percusión).
Datas de realización:
Do 1 ao 10 de xullo de 2010
Lugar de realización:
Santiago de Compostela
Prazo de presentación:
Ata o 23 de abril
PARA MAIS INFORMACIÓN:
CENTRO GALLEGO DE MONTEVIDEO
SAN JOSE 870 ESQ. ANDES – DE 13 A 20 HS. – Tel: (00598 2) 900 8074
